miércoles, 23 de junio de 2010

Últimos días para inscribirse nos cursos de natación

.
Terán lugar en xullo e agosto na piscina municipal de O Muíño

O prazo de inscrición remata o próximo venres 25 de xuño

Como en anos anteriores, o Concello de Ordes ten preparado este verán a celebración dunha serie de cursos de natación na piscina municipal de O Muíño que abría a súa tempada de verán o pasado 15 de xuño.

Inscricións antes do venres 25 de xuño
Así todos aqueles que queiran participar nestes cursos de natación, que terán lugar nos meses de xullo e agosto, deberán facer as súas inscricións antes do venres 25 de xuño na Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Ordes en horario de 9 a 14 horas.

Os prezos destes cursos, que se celebrarán polas mañás de luns a venres, serán de 18,80 euros ao mes para os adultos e 12,55 euros mensuais para os nenos e nenas de 3 a 15 anos. Para poñer en marcha o curso deberá haber un grupo mínimo de 15 participantes.

Foto: Participantes no curso de natación da pasada tempada 2009.


*