jueves, 17 de junio de 2010

El Último Ke Zierre serán as estrelas do Revoltosa Rock 2010

.
Será na parroquia de Santa Cruz de Montaos o vindeiro 2 de xullo

Un ano máis, a Asociación xuvenil A Revoltosa organiza o Festival Revoltosa Rock de Santa Cruz de Montaos. Organizado en colaboración co Concello de Ordes, a asociación xa confirma a actuación das bandas:

A Cona Ye-Ye (Ordes)

AmachetA (Sigüeiro)

Skama la Rede (Asturias)

El Último ke Zierre (Castellón)


A data do evento será o 2 de xullo. Coma xa é tradición no festival, haberá música de DJs, callos, xogos populares, grafitos e calimocheiras.

Podes ver a continuación un vídeo musical da banda castellonense, El Último ke Zierre.





Foto: A Cona Ye-Ye durante un concerto na Gentalha do Pichel (Santiago de Compostela).

*