Tralo éxito acadado polo ciclo de noites psicoeducativas enmarcadas dentro do programa municipal FARO de prevención de alcol, o Concello de Ordes decidiu celebrar un peche conxunto destas noites como broche final da actividade.
Así, o próximo sábado 26 de xuño celebrarase unha nova noite psicoeducativa, na que igual que nas anteriores, poderán participar, de maneira totalmente gratuíta, rapaces e rapazas de Ordes con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos e as súas familias, que nesta ocasión disfrutarán con diferentes actividades como baile latino, risoterapia e karaoke.
O horario no que terá lugar esta iniciativa, que ten como obxectivo crear un espazo de diversión común que acolla a toda a familia, será de 21:30 a 00:30 horas no pavillón municipal, na rúa Mestre Nicolás del Río na zona de O Paraíso.
As persoas que estean interesadas en participar deberán inscribirse na Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ordes ou chamando aos teléfonos 981 680002 ext.214 e 215, ou no 627983619.
A frase de Xesús Pampín, concelleiro de Servizos Sociais e Terceira Idade
“Ante a petición das familias e dos rapaces e rapazas participantes no programa de que se sigan programando novas noites e ante o éxito das diferentes actividades, decidimos realizar un peche conxunto como colofón ao das anteriores edicións”
*