martes, 8 de junio de 2010

O PP pide arranxar o parque Félix Rodríguez de la Fuente

.
"Presenta dende fai tempo un mantenemento moi deficiente, que case roza o abandono absoluto", aseguran os populares

O grupo municipal do Partido Popular de Ordes informou hoxe do inminente rexistro no Concello dunha moción na que insta ao Goberno local a arranxar de inmediato todas as carencias que presenta o parque infantil municipal 'Félix Rodriguez de la Fuente', e evitar que algún dos numerosos nenos que usan as instalacións a cotío acabe resultando lesionado.

Lembran os populares de Ordes que o Parque Infantil Municipal presenta, dende fai tempo dun mantemento moi deficiente, que case roza o abandono por parte do Concello.

Moitos buratos por onde escapar os nenos
Entre as principais deficiencias destacan no peche perimetral a falta de innumerables barrotes, nalgún caso puxose unha antiestética malla con caracter temporal e a pesares do tempo transcurrido segue igual, e noutros tramos ten moitos buratos polos que en calquera momento os nenos poden escapar do recinto do parque, co correspondente risco para a súa integridade, dado que este espazo está circundado por unha estrada e rúas abertas ao tráfico.

Ademais, recorda o PP, as estruturas e elementos de xogo que conforman o parque, como columpios, tobogáns, etc, presentan un elevado grao de deterioro, polo que urxe que o Concello efectúe unha revisión en profundidade destes elementos, arranxando e substituíndo os que presentan un peor estado de conservación.

Foto: Un dos columpios do parque Félix Rodríguez de la Fuente cuberto de neve durante o pasado inverno.

*