O programa está dirixido a nenos e nenas escolarizados nalgún dos centros educativos do municipio en educación Infantil ou Primaria durante o curso 2009-2010
O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de xuño
Un ano máis o Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar unha nova edición da Escola de Verán durante as vacacións estivais. Trátase dunha iniciativa que leva a cabo a concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade que dirixe Silvia Marín, e que como en anteriores ocasións, pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses durante os meses de verán. Unha iniciativa que o Concello leva a cabo tamén noutras tempadas de vacacións escolares como o Nadal e a Semana Santa, e que conta edición tras edición, cun gran éxito.

O Concello poñerá a disposición dos participantes un servizo de transporte gratuíto para os nenos e nenas que vivan nas parroquias, deseñándose as rutas en función das persoas inscritas en cada quenda.
O programa desenvolverase durante os meses de xullo e agosto e está dividido en quendas de 15 días cada unha, podendo inscribirse en unha, dúas, tres ou nas catro quendas das que se compón o programa. A primeira destas quendas irá do 1 ao 15 de xullo, a segunda do 16 ao 30 de xullo, a terceira do 2 ao 13 de agosto e a cuarta do 17 ao 31 de agosto.
As prazas son limitadas e a admisión realizarase por orde de inscrición. O prazo para inscribir aos rapaces estará aberto ata o 25 de xuño no departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes, onde tamén se poderá recibir máis información.
Horarios e prezos
As actividades darán comenzo ás 9 ata as 14 horas, tempo no que os pequenos poderán disfrutar con xogos, diferentes tipos de obradoiros, visitas á piscina e demais entretementos. Os rapaces poderán chegar ata as 9:30 horas e sair a partir das 13:30 horas.
En canto aos prezos, a participación nunha soa quenda terá un prezo de 16 euros, a participación en dúas quendas (1 mes) costará 32 euros, en tres quendas (mes e medio) terá un coste de 48 euros, e a participación nas catro quendas (2 meses) costará 64 euros. As familias numerosas gozarán dunha bonificación do 50%, debendo presentar o carné de familia numerosa.

A frase de Silvia Marín, concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade
"Desta maneira o Concello pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses, que se encontran cun problema para poder coidar aos seus fillos cando estes están de vacacións, ademais de facer que os pequenos disfruten con xogos e demais actividades que compartirán con outros rapaces da súa idade, contribuindo así tamén á súa socialización"
Foto: Programa de conciliación celebrado durante as vacacións de Semana Santa do pasado mes de abril.
*