.
Trátase do camiño da Igrexa ao cruce de Folgoso e o camiño de Uzás a O Casal
Pedreira: "Son dúas obras moi importantes para o municipio que mellorarán as comunicacións no medio rural ordense"
O Concello de Ordes acondicionará dúas das súas infraestruturas rurais a través do Programa de Desenvolvemento Sostible 2009 da consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Concretamente trátase das obras de acondicionamento de dous camiños, o camiño da Igrexa ao cruce de Folgoso e o camiño de Uzás a O Casal. O importe aproximado das obras, que asumirá íntegramente con cargo aos seus orzamentos a consellería de Medio Rural, será de 242.744,54 euros.
Dende o Concello insistiron na importancia destas obras que mellorarán as infraestruturas do municipio, e moi concretamente do seu medio rural, recalcando así o empeño do goberno local ordense de levar ata as parroquias todos os servizos posibles.
O concelleiro de Medio Rural, Xesús Pedreira, lembrou que o Concello está pendente de que a Consellería de Medio Rural execute as obras de infraestrutura rural enmarcadas no PEIM RURAL 2009, entre as que se inclúen os camiños de Coruxo en Barbeiros, o de Barcula en Ardemil, o camiño do Souto en Beán, o de Margarida e Canle en Buscás, os camiños en Casanova e en Vastro en Vilamaior, o camiño do Pereiro e o de Aneiro en Buscás. Unhas obras que teñen un importe aproximado de 90.000 euros.
Información acerca do estado da execución
Dende o Concello, e con data de 12 de maio enviouse unha carta á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural para solicitar información acerca do estado no que se encontra a execución destas obras que están todavía sen realizar, explicando ademais que dende o Concello, xa se remitira o pasado mes de agosto a esa mesma Dirección Xeral o acordo da Xunta de Goberno Local de data de 20 de agosto de 2009 aceptando a execución destas obras en réxime de cooperación con cargo aos orzamentos da consellería, estando a día de hoxe as obras sen realizar.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Rural de Ordes
"Trátase dunhas obras moi importantes para o municipio que mellorarán as comunicacións no medio rural ordense"
*