sábado, 12 de junio de 2010

Satisfación no Concello polas inversións da Consellería de Educación no ensino ordense

.
Agradecen á xefa territorial, Teresa Villaverde Pais, o seu interese por esta cuestión tralas reunións mantidas con Manuel Regos

O goberno local do Concello amosou hoxe a súa satisfacción pola decisión da Consellería de Educación da Xunta de Galicia de levar a cabo unha serie de melloras en dous dos centros educativos do municipio. Unhas melloras que foran demandadas en diferentes reunións mantidas polo alcalde, Manuel Regos, e a concellerira de Educación, Silvia Marín, coa xefa territorial da Consellería de Educación na provincia da Coruña, Teresa Villaverde Pais.

Intervencións nos CEIP Castelao e Mesón do Vento
Concretamente, trátase dunhas obras que está previsto se leven a cabo durante este verán no CEIP Castelao, onde se realizará unha renovación integral dos baños, e no CEIP Mesón do Vento con melloras na cociña e comedor. Unhas obras coas que dende o grupo de goberno ordense, esperan se vexan melloradas as instalacións.

Dende o grupo de goberno local agradeceron o interese mostrado pola xefa territorial de dita consellería ante as demandas realizadas polo alcalde en diferentes reunións, unhas reunións nas que Regos mostrou á responsable de Educación na provincia, o seu interese por diversas cuestións relativas á área educativa en Ordes.

Foto: A xefa territorial da Consellería de Educación na provincia de A Coruña, Teresa Villaverde Pais.
*