jueves, 3 de junio de 2010

O Concello prepara un amplio programa para o Día Mundial do Medio Ambiente

.
Hoxe deron comenzo os cursos de condución eficiente que terán continuidade mañá

Tamén se repartirán un milleiro de bolsas ecolóxicas

O Concello de Ordes está a traballar nun programa de actividades con gallo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente o próximo día 5 de xuño. Así, e enmarcados dentro deste programa, daban comenzo esta mañá uns cursos de condución eficiente organizados pola concellería de Medio Ambiente en colaboración coa FAEPAC, cos que os asistentes reciben información e formación de cómo aforrar ata un 15% de combustible, ao tempo que reducen as emisións contaminantes do seu automóbil. Os cursos, que teñen lugar no Centro Comarcal de Ordes, celébranse en dúas xornadas, unha a de hoxe, e outra mañá pola mañá.

Camiño de Santiago
Outra das actividades que coincidirá tamén coa conmemoración do Día do Medio Ambiente, terá lugar o sábado día 5 e consistirá na última das etapas do Camiño de Santiago que o pasado mes de abril iniciou o Concello en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do IES Nº1, dentro do programa de sendeirismo Os Camiños de Santiago en Galicia. Así, os participantes nesta actividade, que se desenvolveu en sete etapas durante varias fins de semana, chegarán a Santiago de Compostela despois de percorrer a ruta do Camiño Francés dende O Cebreiro.

Por último, e tamén coincidindo coa conmemoración do Día do Medio Ambiente, o Concello de Ordes está preparando para a próxima semana, o reparto de preto de 1.000 bolsas ecolóxicas de algodón, dentro dunha iniciativa organizada a través do programa Ordes Recicla e en colaboración con Sogama, co que se pretende reducir o uso das bolsas de plástico. Todos aqueles que estean interesados en conseguir, de forma gratuíta, unha destas bolsas só teñen que poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes chamando ao 981 680002.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“O noso obxectivo principal dende o Concello é garantir a tódolos veciños que poidan disfrutar dun entorno sostible no que todos temos un papel que desempeñar porque ata o máis mínimo xesto ten un efecto global significativo

Foto: Momento dos cursos de condución eficiente.

*