O venres 25 terán a sua foliada de despedida con música tradicional
O vindeiro venres 25 de xuño remata a segunda tempada das Noites de Tasca organizadas pola formación de musica popular Os Viqueiras de Ordes.
Para esa xornada haberá roteiro de músicos polos bares e rúas para ir quentando o ambiente. As 19:30 h. o público que se achegue ata o Museo do Traxe Juanjo Liñares poderá bailar cos membros da A.F.C. Sementes do Arte no obradoiro de Baile Galego e logo facer unha visita gratuita ao Museo do Traxe.
E a partir das 23:00 h. gran Foliada no Bar O Rincón do Pincho e na Cervecería PJ , na avenida Alfonso Senra, con moitas actuacións de grandes e recoñecidos gaiteiros, pandereteiras e grupos de música tradicional.

*