sábado, 5 de junio de 2010

A Piscina de O Muíño abrirá o 15 de xuño

.
O horario de apertura será de 11:00 a 21:00 horas todos os días da semana e estará operativa ata o 15 de setembro

O prezo do abono será de 6,27 euros (3-15 anos) e de 12,54 euros para o resto

A entrada individual terá un custe de 0,65 euros (3-15 anos) e de 1,25 para maiores de 16 anos

A piscina municipal do Muíño, no Campo da Feira, abrirá as súas portas o próximo 15 de xuño ata o 15 de setembro. O horario no que permanecerá aberta será de 11:00 a 21:00 horas todos os días da semana. En canto aos prezos das entradas, os aboados pagarán 6,27 euros para rapaces e rapazas de 3 a 15 anos, e 12,54 euros os adultos de 16 anos en adiante.

O carné poderá solicitarse a partir do día 8 de xuño na concellería de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, situada na planta baixa da Casa do Concello.

Por outra banda para todos aqueles que non teñan o carné, as entradas terán un coste de 0,65 euros ao día para os menores -de 3 a 15 anos-, e de 1,25 euros para os adultos -16 anos en adiante-.

Cursos de natación nos meses de verán
Entre outras actividades a pisicina do Muíño acollerá tamén cursos de natación nos meses de xullo e agosto. O prazo para inscribirse abrirase o próximo día 8 de xuño ata o 26 do mesmo mes, debendo realizarse as inscricións na concellería de Cultura e Deporte do Concello de Ordes en horario de 9 a 14 horas.

Os prezos destes cursos, que se celebrarán polas mañás de luns a venres, serán de 18,80 euros ao mes para os adultos e 12,55 euros mensuais para os nenos e nenas de 3 a 15 anos.

*