.
Enmarcado dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación, dará comezo este luns
O municipio ordense será a sede dun dos cursos enmarcados dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación que ten como obxectivo impartir accións formativas. Un curso sobre enerxía térmica, que dará comenzo o próximo luns día 14 de xuño, e no que se ensinará aos participantes, que serán desempregados, a montaxe, a posta en servizo, operación e mantemento das instalacións solares térmicas.
O curso, que será inaugurado polo alcalde Manuel Regos, o próximo luns ás 11 horas na aula da primeira planta da Casa da Cultura, constará de 529 horas lectivas e servirá ademais como apoio para conseguir o certificado de profesionalidade. Finalmente serán 18 persoas de toda a zona as que participen nesta acción formativa.
Tal e como explicaron dende o Concello esta iniciativa pódese levar a cabo grazas á Deputación, ao propio Concello e á empresa Couselo, pioneira neste sector, que cede as súas instalacións para a realización das prácticas do curso.
*