Máis de medio centenar de maiores participaron nunha saída por Asturias e Cantabria organizada polo Concello
O Concello quixo contribuir unha vez máis a proporcionar á terceira idade do municipio tempo de lecer e diversión coñecendo ademais diferentes lugares do noso país, a través da realización dunha nova excursión. Así os pasados 29 e 30 de maio un grupo de 53 maiores do municipio viaxaron por terras de Asturias e Cantabria nunha viaxe organizada polo Concello.
Os maiores ordenses coñeceron algúns dos lugares máis representativos destas dúas comunidades veciñas como Cangas de Onís e Covadonga en Asturias, e Santander e Santillana del Mar en Cantabria, facendo diferentes visitas culturais en cada un destes lugares.
Dende a concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade anunciaron que se está traballando para, próximamente, realizar outras iniciativas destas características.
Excursión a Luar
A próxima das actividades que o Concello de Ordes ten preparada para a terceira idade será unha excursión ao programa 'Luar' da TVG que terá lugar o próximo 18 de xuño. Todos aqueles que queiran participar poderán realizar a súa inscrición na oficina de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello de Ordes ata o día 14 de xuño. Haberá un total de 53 prazas, polo que se se supera este número de prazas dispoñibles realizarase un sorteo entre as persoas inscritas.
Máis información no departamento de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello de Ordes.
*