sábado, 19 de junio de 2010

Fabulosa festa de fin de curso na escola Sorrisos


A escola infantil municipal compartiu unha gran merenda con pais e nenos

Onte pola tarde os alumnos e alumnas da Escola Infantil Municipal 'Sorrisos' puideron disfrutar dunha gran festa de fin de curso nas instalacións do centro.

Unha festa na que tanto os pequenos como as súas familias compartiron unha gran merenda, ademais da actuación dun contacontos, que fixo partícipes aos nenos e nenas ordenses das súas historias e de diferentes xogos que traía preparados.

Tanto nenos como maiores disfrutaron desta tarde festiva na que a Escola Infantil Municipal de Ordes quixo despedir un curso máis.

*