jueves, 3 de junio de 2010

O Celta e o Atlético Arteixo gañan o VI Torneo de Fútbol 7


Éxito do campionato celebrado o pasado sábado en Vista Alegre

Os vigueses foron os vendedores en categorías benxamín e alevín. Os coruñeses, en prebenxamín

Cun novo éxito pechábase o pasado sábado a celebración do VI Torneo de Fútbol 7 Concello de Ordes, organizado pola S.D. Club Órdenes e o Concello. Foron un total de 10 clubes os que participaron nesta nova edición do evento deportivo, que achegaron aos seus equipos das categorías alevín, benxamín e prebenxamín ata o municipio.

Nesta ocasión desprazáronse ata as instalacións de Vista Alegre os equipos da S.D. Ordenes, o Deportivo da Coruña, o Tordoia, o X. Oroso, o Celta de Vigo, o Montañeros, o Cerceda, o Arteixo o Luis Calvo e o Amio.

Na categoría prebenxamíns sairon gañadores os compoñentes do equipo Atlético Arteixo que gañaron na final ao Montañeros por 5-2. Na categoría dos benxamíns levouse o trofeo o Celta que xogou a final contra o Luis Calvo gañando por 4-3. E por último, tamén os xogadores do Celta, pero neste caso da categoría alevín, alzáronse co trofeo trala final disputada contra o Deportivo.
Un bo resultado para a S.D. Órdenes
En canto aos equipos da S.D. Club Órdenes conseguiron moi bos resultados, logrando un terceiro posto na categoría benxamín e o cuarto lugar nas categorías prebenxamín e alevín.

O alcalde, Manuel Regos, e o concelleiro de Cultura e Deportes, José Ramón Vázquez Raña, foron os encargados de entregar os trofeos aos gañadores, e quixeron tamén animar aos pequenos a que sigan practicando deporte.

Foto arriba: O Arteixo, campeón en categoría prebenxamín.
Foto medio: A S.D. Órdenes en categoría alevín, clasificados en cuatro lugar.
Foto abaixo: O alcalde Manuel Regos e o presidente da S.D. Club Órdenes, Jesús Villasenín.
*