.
Terán lugar os próximos días 25, 26, 27 e 28 de xuño
O Mesón do Vento celebrará as súas festas patronais na honra de San Pedro de Ardemil os próximos días 25, 26, 27 e 28 de xuño. Unhas festas nas que non faltará a boa gastronomía e a música. Así os festexos arrancarán o venres día 25 pola noite cunha gran churrascada amenizada pola Discoteca Movil Copeteo con gogos.
O sábado 26, haberá misa solemne ás 13.30 horas na honra ó Santisimo Sacramento, seguida de sesión vermú e verbena a cargo da Orquesta Galilea.
O domingo 27, misa solemne ás 13.30 horas na honra á Virxe do Carme, tamén con sesión vermú e verbena amenizada pola Orquesta Cinema.
Por último, o luns día 28 celebrarase unha misa solemne ás 13.30 horas na honra a San Ramón, sesión vermú coa actuación da agrupación folklórica Monte Xalo. Xa pola noite gran pulpada, e verbena coas Orquestas Aché e Panorama que despedirán unha nova edición dos festexos en Mesón do Vento.
*