.
Haberá teatro, partidos de fútbol sala, actuacións musicais e demais actividades para conmemorar o fin do periodo lectivo
O IES nº 1 de Ordes celebrará mañá día 23 o remate da actividade lectiva cun festival de fin de curso. Será unha xornada distendida na que na maior parte dos casos, a clase será substituída por actividades como as deseñadas polo departamento de Matemáticas, de Enxeño e Entretemento matemático para todos os alumnos e alumnas de ESO.
Por outra banda, dous grupos de bacharelato e o Ciclo Medio de Administrativo asistirán a unha segunda sesión de Teatro do Oprimido dentro do programa 'Trocando peles', a cargo de Acsur, unha ONG que traballa no ámbito da cooperación internacional e combate as desigualdades e as inxustizas tamén a través do teatro.
Interpretacións musicais
Mentres, alumnos de Automoción desputarán partidos de fútbol sala antes do recreo. Tras este terán lugar as interpretacións musicais por parte de alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO e de bacharelato, preparadas nas clases de Música. E para rematarmos, actuará finalmente o músico Martinho de Cerceda no exterior do instituto. Unha actuación que sorprenderá e que os organizadores non dubidan de que será do agrado de todos os asistentes.
Foto: Fachada do IES nº 1 de Ordes, no barrio de O Paraíso.
*