lunes, 14 de junio de 2010

Inaugurado o curso de enerxía térmica

.
O curso, que foi inaugurado polo alcalde Manuel Regos, conta coa participación de 18 persoas de toda a comarca

O alcalde Manuel Regos inauguraba esta mañá na Casa da Cultura un curso sobre enerxía térmica dirixido a desempregados que está enmarcado dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación da Coruña. Así Regos, quixo dar a noraboa e a benvida ás 18 persoas de toda a comarca que participarán nesta iniciativa, que asegurou serviralles para ter máis coñecementos sobre este sector de futuro, intentando tamén facilitarlles a súa incorporación ao mercado laboral a través dunha maior formación.

O curso, que consta de 529 horas lectivas servirá ademais como apoio para conseguir o certificado de profesionalidade, ensinará aos participantes a montaxe, a posta en servizo, operación e mantemento das instalacións solares térmicas.

Esta iniciativa pódese levar a cabo grazas á Deputación da Coruña, ao propio Concello de Ordes e á empresa Couselo, pioneira neste sector, que cede as súas instalacións para a realización das prácticas do curso.

*