Xosé Dafonte podería ser imputado por malversación, segundo o informe premilinar da fiscalía
Segundo denunciaran os socialistas, "as obras foron recibidas e pagadas cando os traballos non estaban nin sequera iniciados"
O grupo municipal socialista de Trazo infomou esta mañá a este medio da apertura de dilixencias procesais por parte da Fiscalía Provincial de A Coruña, contra o alcalde de Trazo, Xosé Dafonte.
O primeiro edil está imputado por un presunto delicto de malversación no relativo ás obras de construción do graderío do campo de fútbol da parroquia de Campo. Segundo denunciaran os socialistas de Trazo, "as obras de construción deste graderío foron recibidas e pagadas cando os traballos non estaban sequera iniciados". A resposta da fiscalía, aseguran, "corroboran as nosas denuncias presentadas".
A Fiscalía Provincial conclúe que “los mencionados hechos pueden incardinarse, en una primera y provisional valoración, dentro del tipo del artículo 432 del Código Penal: malversación”. Polo tanto, a Fiscalía remitiu a denuncia ao Xulgado de Garda de A Coruña, que o enviou ao Xulgado de Instrucción Nº 1 de Ordes. Este xulgado será o que incoará as dilixencias penais necesarias para o esclarecemento destes feitos e da participación de Xosé Dafonte nos mesmos.
Argumentacións probadas segundo a Fiscalía
Sempre segundo a comunicación do grupo municipal socialista de Trazo, a Fiscalía considera probado:
1. Que na sesión da xunta de goberno local do Concello de Trazo celebrada o 29 de xuño de 2009 se adoptou o acordo de construcción do graderío no campo de fútbol de Campo por un importe de 22.455,24 euros, máis 3.592,84 euros de IVE.
E é que o alcalde de Trazo, aseguran os socialsitas, "pretende xustificar a ausencia do proxecto das gradas de Campo argumentando o importe do contrato e facendo unha malintencionada interpretación do concepto de obra menor".
Este medio tratou de poñerse en contacto con Xosé Dafonte para contrastar esta información, pero ten o seu móbil apagado.