miércoles, 9 de junio de 2010

Bolsas ecolóxicas para todos e todas!

.
O Concello reparte de maneira gratuíta preto de 1.000 bolsas entre os veciños do municipio

Con esta iniciativa preténdese reducir o consumo destes plásticos tan contaminantes

Podes conseguir a túa bolsa chamando ao departamento de Medio Ambiente do COncello (Teléfono 981 680002)

O Concello de Ordes, nunha nova aposta pola preservación do medio ambiente, está a levar a cabo unha iniciativa cos veciños e veciñas do municipio. Nesta ocasión trátase do reparto de preto de 1.000 bolsas ecolóxicas de algodón, dentro dunha iniciativa organizada a través do programa 'Ordes Recicla' desenvolvido pola concellería de Medio Ambiente de Xesús Pedreira. A iniciativa conta coa colaboración de Sogama.

Todos aqueles que estean interesados en conseguir, de forma gratuíta, unha destas bolsas só teñen que poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes chamando ao 981 680002, ou ben pasando polas dependencias municipais en horario de mañá. Nesta ocasión trátase dunha iniciativa dirixida aos veciños e veciñas do municipio.

Actos do Día Mundial do Medio Ambiente
Esta iniciativa enmárcase dentro do programa de actividades que o Concello de Ordes puxo en marcha con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebraba o pasado 5 de xuño, un programa que incluiu tamén a celebración duns cursos de condución eficiente que se celebraron a pasada semana e que tiveron como obxectivo, ensinar aos participantes cómo aforrar ata un 15% de combustible, ó tempo que reducen as emisións contaminantes do seu automóbil.

Foto: Bolsas ecolóxicas de algodón que serán repartidas entre os veciños de Ordes.

*