.
Se prolongarán durante os días 25, 26, 27 e 28 de xuño e os protagonistas serán a boa gastronomía e a boa música
O Mesón do Vento comenzará mañá venres as súas festas patronais na honra de San Pedro de Ardemil que se prolongarán durante os días 25, 26, 27 e 28 de xuño. Unhas festas nas que non faltará a boa gastronomía e a música.
Así os festexos arrancarán mañá venres día 25 pola noite cunha gran churrascada amenizada pola Discoteca Movil Copeteo con gogo´s. O sábado 26, haberá misa solemne ás 13.30 horas na honra do Santisimo Sacramento, seguida de sesión vermú e verbena a cargo da Orquesta Galilea. O domingo 27, misa solemne as 13.30 horas na honra á Virxe do Carme, tamén con Sesión vermú e verbena amenizada pola Orquesta Cinema.
Por último o luns día 28 celebrarase unha misa solemne ás 13.30 horas na honra a San Ramón, sesión vermú coa actuación da agrupación folklórica Monte Xalo. Pola noite gran pulpada, e verbena coas Orquestas Aché e Panorama que despedirán unha nova edición dos festexos en Mesón do Vento.
*