O Concello pon en marcha unha campaña de concienciación contra o abandono de excrementos caninos na vía pública
Os infractores poderían ser sancionados con multas de entre 30 a 60 euros
O Concello de Ordes, dende o programa Ordes Sostible, puxo en marcha unha campaña de concienciación contra o abandono de excrementos caninos na vía pública. Esta campaña pretende solucionar os numerosos problemas de hixiene e insalubridade para os veciños e queixas que se derivan do abandono dos excrementos caninos na vía pública, parques ou zonas de recreo do municipio.
Mediante a colocación de carteis e cuñas radiofónicas, o Concello espera mellorar notablemente a hixiene do termo municipal, ademais de fomentar o respeto aos demais, evitar as molestias olfativas e a atracción de insectos.
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“Queremos alertar sobre os deberes que conleva a tenencia de animais para os donos, que deben de evitar as molestias que poidan causar as súas mascotas ao resto de cidadáns para facer de Ordes un pobo sostible”
"A campaña incide tamén no elemento sancionador, facendo fincapé na multa que se pode aplicar ante esta infracción, considerada leve segundo a ordenanza municipal relativa á tenencia de animais domésticos, que establece unha cantidade de 30 a 60 euros por non recoller as deposicións"
*