sábado, 19 de junio de 2010

Festa musical fin de curso na Casa da Cultura

.
A Escola Municipal de Música vaise de vacacións cun gran concerto

A Escola Municipal de Música de Ordes quere despedir dunha maneira moi especial este curso 2009- 2010, e como en anos anteriores, celebrará unha gran festa de fin de curso.

A festa terá lugar o próximo venres 25 de xuño a partires das 19:00 horas na Casa da Cultura, e nela os alumnos e alumnas da Escola de Música, demostrarán todo o aprendido durante o curso a través de diferentes actuacións que os levarán ao escenario.

A Escola Municipal de Música de Ordes convídannos a todos os veciños e veciñas a asistir a esta cita coa mellor música ordense.

*