O portavoz nacional do BNG, de visita en Ordes
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez visitou esta tarde a Cooperativa Comarcal de Ordes, situada en Barbeiros, onde mantivo unha xuntanza coa súa directiva. Esta cooperativa, informan dende o BNG, recolle diariamente 55.000 litros de leite.
No ano 1970 fundouse a cooperativa de Barbeiros que deu lugar no 1996 á cooperativa de Ordes. Acaba de fusionarse hai medio ano coa cooperativa de Bergantiños. Despois da fusión, son máis de 1.200 asociados e asociadas e levan facturado, no que vai de ano, máis de 5 millóns de euros en vendas.
Alí, intercambiou opinións sobre as medidas necesarias para afrontar a crise do sector lácteo.

*