O alcalde Manuel Regos entrega unha medalla conmemorativa a unha particpante na gala. |
Houbo exhibicións das escolas deportivas municipais e outros clubes convidados da comarca
Ordes celebrou esta mañá unha nova edición da gala de patinaxe artístico na que houbo exhibicións das escolas deportivas municipais de patinaxe de Ordes, ademais doutras escolas e clubes de municipios veciños.
A gala tivo lugar no pavillón municipal Castelao e nela participaron, ademais das escolas municipais ordenses, os grupos dos colexios Campomaior e Castelao, patinadoras e patinadores dos clubes Raiola de Ferrol e Alquimia de Carral, e as escolas de patinaxe dos colexios de Brexo-Lema de Cambre e a escola deportiva municipal do Concello de Carral, sumando en total arredor de 200 participantes.
Medallas conmemorativas
Ao remate da gala, o alcalde Manuel Regos, acompañado por outros membros do goberno local encargouse de entregar unhas medallas conmemorativas a todos os participantes.
*