lunes, 23 de mayo de 2011

REGOS GAÑA AS ELECCIÓNS EN ORDES COA MAIOR PARTICIPACIÓN DA HISTORIA

Manuel Rego, logo de acadar a maioría dos votos dos ordenses, seguirá, salvo sorpresa, como alcalde de Ordes.
O candidato de Unión por Ordes (UxO) seguirá como alcalde do noso municipio logo de gañar a Sanjurjo por 142 votos

O voto de esquerda, nacionalista e socialista, quedou na casa

A participación foi espectacularmente alta: oito de cada vez ordenses foron a votar

Manuel Regos será alcalde de Ordes por un novo periodo de catro anos logo de ser o partido máis votado na xornada electoral de hoxe. Ao 100% do escrutinio acadado, Unión por Ordes (UxO) acadou un total de 3098 votos (36,72% dos votos) o que se traduce nun total de sete actas de concelleiro. En 2007, tamén como forza máis votada das sete concurrintes, acadarían 2039 votos (23,59%) e catro concelleiros. Regos suma máis de 1050 novos votos fronte ás eleccións de 2007 e ten un ascenso de máis de trece puntos.

O Partido Popular (PP) encabezado por José Luis Martínez Sanjurjo foi o segundo partido máis votado con 2956 votos (35,04% dos votos). Os populares xestionarán seis concelleiros na Casa do Concello, sumando dos máis dende a convocatoria de 2007, onde acadaron 1693 votos (19,59%). Sanjurjo suma case 1400 votos máis que en 2003, o que tradúcese nun histórico ascenso de máis de quince puntos fronte a 2003.

O Bloque Nacionalista Galego perde un concelleiro fronte a 2003, one tiña tres, logo de acadar 955 votos (11,32%) nesta volta. Trátase dos peores resultados do BNG dende que concurrira por primeira vez no concello de Ordes en 1995. Os nacionalistas perden máis de seis puntos fronte ás municipais de 2007.

Xesús Pedreira será o único representante dos socialistas nesta lexislatura que hoxe nace.  O PSdG-PSOE alcanza os 757 votos (8,97%) e perde, fronte a 2007, ademais de dúas acatas de concelleiro, máis de 900 votos e nove puntos fronte a 2003.

Finalmente, Cidadáns de Galicia (CideGa), que presentouse por vez primeira no concello, terá representación na corporación municipal 2011-2015 no seu cabeza de lista, Ana Álvarez. O seu debú contou con 529 votos (6,27% dos votos).

Unha participación histórica
A maioría de Manuel Regos de 2011 conta coa maior lexitimidade da historia das eleccións municipais no noso concello. Dun censo total de 11 669 votantes, finalmente depositaron o seu voto un total de 8581 deles, ou o que é o mesmo, un histórico 80,49% do censo electoral depositou o seu votos nas furnas fronte ao 71,59% en 2007 e 0 70,95 rexistrado en 2003. A media española de participación nas municipais de 2011 foi do 66,10% e a galega do 69,40%. Tamén se rexistraron nesta xornada 144 votos nulos (1,68%)e 142 votos en branco (1,68%) nas furnas ordenses.

Datos dos resultados definitivos das eleccións municipis do 22 de maio en Ordes. Fonte: Ministerio do Interior.  

Goberno en minoría ou coalición de goberno?

Por R. A. Landeira

Incontestable e incuestionable resulta a maioría acadada por Regos Boquete nesta convocatoria electoral. Un triunfo en toda regla. E por se quedara algunha dúbida, o alcalde contará cunha maioría, simple, lograda coa maior participación das historia democrática ordense, o que lexitima o seu triunfo de xeito definitivo.

Pero ademais do triunfo de Regos e da altísima participación rexistrada, o que definiu a esta convocatoria electoral foi, paradóxicamente, a baixa participación da tradicional esquerda ordense, que ainda que non moi numerosa, sempre amosouse moi fiel ao seu voto. Parece que deses dous de cada oito que se quedaron na casa sen votar, eran de esquerdas. Se entre o PSOE e o BNG acadaron en 2007 un total de  3174 votos (36,72%), nesta volta apenas chegarían aos 1712 (20,29%). No caso nacionalista e todavía máis sorprendente xa que nunca, dende as primeiras municipais nas que participarían en 2005, baixaron dos 1500 votos, chegando incluso ata os hoxendía parece que inalcanzables 1823 votos (23,80%) de 1999. O histórico Ramiro Recouso deberá abandoar a corporación nos próximos días, quedando Gonzalo Castro e Montse Rey como únicos representantes nacionalistas na corporación municipal ordense 2011-2015.

Pactos, pactos, pactos
A corporación municipal do concello de Ordes conta con 17 membros, estando a maioría absoluta en número de nove concelleiros. Regos conta con sete, Sanjurjo con seis, Castro con dous e Pedreira e Álvarez con un. Que pasa agora? Regos podería querer gobernar en minoría, o que lle obrigaría a pactar con outros grupos municipais de forma individualizada a aprobación das súas políticas de goberno. 

O gañador tamén deberá contemplar a posibilidade de que unha coalición UxO-PSOE-CideGa poidera gobernar o municipio de forma máis estable que en minoría. Outras opcións pasan por un hipotético goberno UxO-PP, pese ás declaracións de Martínez Sanjurjo de negar a posibilidade algunha de coalición de goberno do PP con Manuel Regos. Tamén Pedreira foi quen de recoñecer en campaña que non entraría nun goberno no que non fora alcalde, o que tamén abre as dúbidas sobre a viabilidade daquel primeiro pacto.  

A partires de mañá, o que conta e a gobernabilidade de noso municipio e continuar co traballo comezado en 2007. Un goberno en minoría ou unha coalición de goberno será algo que Manuel Regos, gañador das eleccións, deberá discutir esta noite coa súa almohada.