miércoles, 4 de mayo de 2011

Os populares, moi críticos coa sala vip da Gala contra o Cancro

Pedro Carrasco, do PP de Ordes.
Carrasco: "É un insulto que o alcalde destine os impostos a pagar as súas copas"

O Partido Popular de Ordes informou este luns que o alcalde Manuel Regos, habilitou na Gala contra o Cancro que tivo lugar o venres pasado, unha sala vip. Os populares denuncian que a mesma, que dispoñía de barra libre, foi "pagada cos impostos de todos os veciños".

Numerosos veciños e diferentes integrantes do PP, aseguran, "constataron a existencia desa zona vip, situada nas inmediacións da escola de música, nun recinto acotado ao efecto e no que o alcalde e os seus amigos dispuxeron de barra libre, con todo tipo de consumicións de balde. Para que nada perturbase a tranquilidade dos elixidos, dous vixiantes de seguridade custodiaron o acceso a esa zona restrinxida".

Para o Partido Popular de Ordes, aseguran, o acontecido na Gala Contra o Cancro define, perfectamente, o xeito de gobernar de Manuel Regos: unha capacidade ilimitada para derrochar os impostos de todos os veciños en caprichos persoais que logo queda a deber.

A frase de Pedro Carrasco, membro da candidatura do PP de Ordes
“Neste momento de crise, co paro medrando exponencialmente, que o alcalde de Ordes destine os impostos de todos os veciños a pagar as súas copas constitúe un insulto á dignidade dos cidadáns”

*