viernes, 20 de mayo de 2011

O Concello obtén unha evaluación do Sistema Comunitario de Xestión Medio Ambiental EMAS

Este sistema permitirá avaliar e mellorar o comportamento medioambiental

A concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes obtén unha evaluación conforme na auditoría de seguemento que Aenor ven de efectuar no concello o pasado mes de xaneiro polo sistema comunitario de xestión medio ambiental EMAS que ten implantado esta entidade dende hai xa case tres anos. Trátase dun sistema que permitirá avaliar e mellorar o comportamento medioambiental.

A implantación do EMAS permite disminuir os riscos de accidentes ambientais e reducir os custes de enerxía, auga e residuos. Ademáis promove o emprego de tecnoloxías menos contaminantes e prepara ao Concello de Ordes para o cumprimento da lexislación comunitaria.

Mellora continua 
En definitiva, trátase de entrar nun proceso planificado de mellora continua do comportamento medioambiental como apunta Jesús Pedreira. Para o edil de medio ambiente o EMAS é símbolo da xestión medioambiental moderna, da transparencia e da participación medioambiental, tres aspectos polos que vén apostando esta concellería.

*