jueves, 5 de mayo de 2011

Regos: "Co esforzo de todos, poñeremos a Ordes no lugar que se merece"

Manuel Regos xunto con parte dos membros da súa candidatura á reelección como alcalde.
Manuel Regos presentouse á reelección como alcalde nunha ateigada LP 45

Os pilares do seu novo goberno serán o fomento do emprego e a atención os máis desfavorecidos

Máis de 2.500 veciños de Ordes, segundo fontes da organización, asistiron onte pola noite ao acto de presentación de Manuel Regos como candidato á alcaldía de Ordes pola siglas de Unión por Ordes (UxO) para a lexislatura 2011-2015. O acto, que tivo lugar na discoteca LP 45, tamén serviu de presentación dos nomes dos homes e mulleres que acompañan a Regos na súa lista e que de gañar, formarán parte do seu goberno municipal

Manuel Regos, candidato á alcaldía de Ordes por Unión por Ordes (UxO).
Emprego e atención aos desfavorecidos
Manuel Regos, que preséntase á reelección como alcalde, explicou aos presentes os pilares sobre os que baseará o seu programa electoral: o fomento do emprego e a atención aos máis desfavorecidos, cuestións que, insistiu, xa foron prioritarias durante os catro anos do seu goberno municipal. Catro anos nos que asegurou “Ordes experimentou un importante cambio cara ao desenvolvemento, un cambio que pediron os veciños nas pasadas eleccións e polo que estou seguro seguirán apostando agora, porque en UxO seguimos cumprindo”.

Segundo fontes da organización, foron 2.500 os asistentes ao mitin da presentación de UxO.
"Importantes investimentos para Ordes"
Aínda que non quixo facer referencia ao resto de formacións políticas que concurrirán ás eleccións, “xa que ese non é o meu estilo”, dixo; o candidato de UxO quixo aclarar unha serie de afirmacións verquidas polo Partido Popular sobre o seu goberno e a súa persoa recentemente.

Asistentes ao acto de UxO na discoteca LP 45.
Así, explicou que sí apoiou a Emilio Pérez Touriño nun acto celebrado en Ordes, pero “fíxeno porque trouxo importantes investimentos para Ordes e iso é o único que me interesa, e dende aquí comprométome co actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a que se tamén trae investimentos para Ordes contará co meu apoio”.


"Esforzo de todos"
O candidato agradeceu aos veciños o seu apoio, tanto durante estes catro anos como na etapa que agora comenza, e asegurou que “co esforzo de todos conseguiremos poñer a Ordes no lugar que se merece”.