O alcalde Manuel Regos xunto aos gañadores do IV Certame de Poesía Concello de Ordes. |
O alcalde Manuel Regos fixo entrega dos premios do IV Certame de Poesía do Concello de Ordes
O Concello de Ordes celebrou esta mañá o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas que este ano homenaxea ao poeta monfortino Lois Pereiro. O acto tivo lugar na sala de conferencias do Punto de Encontro de Ordes (baixos da Alameda), e estivo presidido polo alcalde Manuel Regos.
Precisamente foi o primeiro edil o que deu comenzo ao acto facendo un percorrido pola vida e obra do poeta, ao que seguiu a lectura dun dos seus poemas por parte da concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín.
Ademais o acto tamén serviu para facer entrega dos premios do IV Certame de Poesía Día das Letras Galegas do Concello de Ordes.
Por categorías, os premiados foron os seguintes:
Categoría Centros Escolares do Concello: CEIP Mesón do Vento.
Categoría Infantill. 1º premio: Grupo de 3º A do CEIP Campomaior polo poema Soneto de Outono. 2º premio: Paula Roríguez García polo poema Simplemente un quérote.
Categoría Xuvenil: 1º premio: Nuria Romero Vidal polo poema O baleiro do infinito; 2º premio: Paula Martínez Díaz polo poema Medo.
Categoría Xeral: 1º premio: Mª Carme Villaverde Raña polo poema Chegou para chamarse Lalia”; 2º premio: Marisol Gándara Sánchez polo poema Lauriña dixo Cristiano e eu respondín...
Ademais no acto tamén se entregou o premio do I Certame de Pinceladas e Poesías de Xoxardo que recaeu en Ana Montes Camba.
Ao final do acto o alcalde Manuel Regos, agradeceu a todo o público a súa asistencia, así como felicitou tanto aos premiados como a todos os participantes no certame de poesía pola calidade dos seus traballos, animándoos a que sigan a traballar neste campo. O acto conmemorativo do Día das Letras Galegas pechouse con música que correu a cargo do grupo de música tradicional “Embruxo” de Leira.