viernes, 20 de mayo de 2011

Xesús Pedreira estivo onte na Coruña con Rodríguez Zapatero

O ordense Xesús Pedreira, en segunda fila detrás do presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda.
Foi durante o mitin do secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno en Expocoruña


O candidato do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE á alcadía de Ordes, Xesús Pedreira, encontrou onte un oco na apretada axenda electoral para coñecer de primeira man as palabras do secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, nun multitudinario encontro con afiliados e simpatizantes no recinto feiral de Expocoruña.

Membro da executiva provincial
O candidato ordense, secretario tamén da Agrupación Socialista de Ordes, estivo en segunda fila, tal e como se aprecia na fotografía de Xornal de Galicia, xusto detrás do presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda.

*