O equipo alevín do R.C. Celta de Vigo, gañadores do VII Torneo de Fútbol 7 Concello de Ordes. |
Organizado pola S.D. Órdenes, contou coa participación de trece equipos
A Cidade Deportiva de Vista Alegre encheuse de afeccionados ao fútbol este sábado coa celebración do VII Torneo de Fútbol 7 Concello de Ordes que organiza a S.D. Órdenes e que conta coa colaboración do Concello.
Un torneo no que participaron nesta ocasión diferentes equipos nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín de clubes como o Celta de Vigo, o Deportivo de La Coruña, o Ourense, o Victoria, o Montañeros, o Racing de Ferrol, o Luis Calvo, o Cerceda, o Conxo, Santiago, Atlético Arteixo, Bertamiráns e os anfitrións da S.D. Órdenes.
O equipo benxamín do R.C. Celta de Vigo, gañadores do VII Torneo de Fútbol 7 Concello de Ordes. |
Gañadores
Os gañadores en cada unha das categorías foron:
Prebenxamín: Victoria
Benxamín: R.C. Celta de Vigo
Alevín: R.C. Celta de Vigo
O alcalde de Ordes, Manuel Regos entrega o trofeo a un xogador do Victoria, gañadores en categoría prebenxamín. |
Entrega de trofeos
Os encargados de entregar os trofeos aos gañadores foron o alcalde de Ordes, Manuel Regos e o presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares.