miércoles, 4 de mayo de 2011

Libros de balde co gallo das Letras Galegas

Farase un reparto entre os socios da biblioteca municipal o luns 16 de maio

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes se quere sumar aos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea ao poeta monfortino Lois Pereiro (1958-1996).

Nesta ocasión, dende a biblioteca ordense anunciaron que se fará un reparto de libros gratuíto entre os socios do centro. Libros dos fondos da biblioteca, para todos os gustos e idades, que está previsto se realice o luns día 16.

Ademais, de cara a este mes de maio e o vindeiro mes de xuño tamén están organizando un ciclo de encontros coas asociacións, nos que participarán asociacións do municipio e que estará dirixido aos escolares ordenses.

Conmemoración do Día do Libro
Por outra banda e dentro da súa campaña de animación á lectura, o pasado 27 de abril a biblioteca municipal de Ordes celebrou o Día do Libro, cunha serie de actividades que tiveron a Don Quijote como protagonista. Así, o centro acolleu unha exposición de diferentes libros desta obra de Cervantes, con exemplares curiosos, en distintos formatos e incluso cómics. Ademais, para os máis pequenos, tamén se proxectaron debuxos animados sobre as aventuras de Don Quijote.

*