De esq. a der. Manuel Viqueira, Jesús Pedreira, Manuel Astray e Roberto González. |
Permanecerá aberta no horario habitual ata o vindeiro 29 de maio
O Museo do traxe Juanjo Liñares acolle unha mostra monográfica titulada “Andalucía” adicada a esta comunidade. A exposición está instalada no salón de actos do museo, onde todos os asistentes poderán observar todo tipo de traxes andaluces, así como complementos característicos do traxe andaluz, e un patio típico andaluz, de maneira totalmente gratuíta.
Recreación dun patio típico andaluz no Museo do traxe Juanjo Liñares de Ordes. |
O acto de apertura da mostra tivo lugar onte pola tarde e correu a cargo do director do Museo, Manuel Viqueira que estivo acompañado por veciños, así como por diferentes membros do goberno local ordense. Viqueira animou tanto a veciños como a visitantes a visitar esta mostra, que como explicou, coincide ademais coa feira de abril.
A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro domingo día 29 de maio no horario habitual do museo, de martes a sábado de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas, e os domingos e festivos de 10 a 14 horas. Os luns está pechado.
*