jueves, 12 de mayo de 2011

Deu comezo o curso sobre xestión laboral e tributaria


Dirixido a autónomos e desempregados, terá unha duración de 120 horas

O Concello de Ordes deu comezo a un curso sobre xestión laboral e tributaria básica dirixido a autónomos e desempregados. A duración do mesmo será de 120 horas, e as clases rematarán o vindeiro 20 de xuño. Tal e como explicaron dende o Concello, os obxectivos do curso serán proporcionar unha visión global das obrigas laborais ás que debe facer fronte o pequeno empresario; familiarizar ao participante cos tipos de contratos e nóminas; proporcionar unha visión global das obrigas fiscais ás que debe facer fronte o pequeno empresario e familiarizar ao participante cos modelos e formularios.

On line
As clases teñen carácter on line e nelas participan 14 alumnos, tanto autónomos como desempregados. A presentación do curso tivo lugar o pasado luns, nun acto no que se fixo entrega aos participantes de material e explicóuselles cómo vai funcionar a plataforma e como vai ser o funcionamento do curso.

*