miércoles, 4 de mayo de 2011

Regos: "A zona vip foi habilitada pola organización e ningún membro de Goberno estivo nela"

Manuel Regos, alcalde de Ordes.
O alcalde lamenta que o PP pretenda "engar aos veciños" co único fin de "sacar rendimento político"

Ante as acusacións do PP de Ordes de instalar unha barra vip durante a Gala contra o Cancro, o alcalde Manuel Regos lamentou que unha vez máis o Partido Popular intente enganar aos veciños co único fin de sacar algún rendemento político de cara ás vindeiras eleccións municipais.

Así, ante as acusacións dos populares, Regos quixo aclarar que nin o Concello nin o alcalde habilitaron unha zona vip na pasada Gala contra o Cancro celebrada o venres no municipio, senón que foi a organización do evento a que delimitou unha zona para os seus invitados sen que nada tivese que ver co Concello. Ademais o alcalde insistiu en que ningún membro do goberno local ordense asistiu a esta zona, que volveu a repetir, “habilitou a organización e non o Concello”.

Desmerecer os logros do Goberno
O alcalde pide aos populares que se informen antes de falar e deixen de enganar aos veciños e veciñas do municipio coas súas acusacións, que asegurou, “só buscan, a través das mentiras, sacar algún tipo de rendemento político de cara ás vindeiras eleccións municipais, intentando ademais desmerecer os logros conseguidos polo actual goberno”.

*