lunes, 9 de mayo de 2011

Irmanamento estudiantil Ordes-Carral


Escolares ordenses e de Carril viviron unha xornada de convivenciaPercorreron o roteiro do Mercurín acompañados polos seus mestres e o edil de Jesús Pedreira

O alumnado de 4º da ESO do IES Miguel Ángel González Estévez de Carril visitou o pasado venres o municipio ordense para percorrer da man do IES Nº 1 de Ordes o roteiro do río Mercurín. Un roteiro que o Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Ambiente, deseñou e acondicionou empregando materiais propios da zona, como madeira de carballo e de castiñeiros e sen aplicar produtos prexudiciais para o medio ambiente.

Os obxectivos desta actividade son convivir dous días, un en Ordes e outro en Vilagarcía de Arousafalando en galego con rapaces e rapazas da costa, castelanfalantes. Tamén coñecer mellor o propio municipio, como as súas aldeas, a súa historia, ou a súa paisaxe, e por último, facer unha ruta de sendeirismo polo roteiro do río Mercurín.


Riqueza natural de Ordes
No acto participaron o coordinador da actividade, o profesor do IES Nº1 Antón Bravo, xunto con outros profesores dos dous centros e o edil de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, quen explicou que "trátase dunha dinámica de grupos para desenvolver habilidades sociais de comunicación ó tempo que os escolares disfrutan da riqueza natural da nosa vila e adoptan hábitos de vida saudables"

*