miércoles, 4 de mayo de 2011

Sanjurjo quere que o Concello condone o recibo da auga para "compensar as molestias" da fin de semana

O candidato popular "exixe" ao Concello de Ordes que non cobre aos usuarios o mes de abril

Comprométese a negociar cos propietarios dos terreos a instalación de tuberías que arranxen co problema

O Partido Popular de Ordes informou hoxe que o novo depósito de auga de Ordes non pode entrar en servizo porque o Concello carece dos terreos necesarios para instalar os tubos de conexión, tanto coa estación de bombeo, como coa rede de distribución de auga.

Esta circunstancia, que os populares consideran como "falta de previsión do Concello" constituye, a xuizo dos populares, "unha das causas do corte de auga que padeceron os veciños de Ordes durante esta fin de semana". Aseguran que de estar operativo o novo depósito, podería asegurarse a subministración durante varios días, con independencia da turbidez no punto de captación.

O candidato do Partido Popular á Alcaldía, José Luis Martínez Sanjurjo, comprométese a solucionar a situación negociando cos propietarios dos terreos colindantes co depósito para instalar as tuberías necesarias e poñelas en servizo antes do verán.

Compensar os prexuízos
Para compensar os prexuízos e molestias derivados do corte da subministración de auga rexistrado durante a pasada fin de semana, o Partido Popular esixiu ao Concello de Ordes que exima aos veciños do pagamento do recibo correspondente ao mes de abril.

*