jueves, 5 de mayo de 2011

O BNG de Ordes presenta a súa 'campaña na rede'

Captura da web do BNG de Ordes: http://bngdeordes.blogaliza.org/
Os nacionalistas crean un caderno dixital informativo de actalidade política ordense

O perfil de Facebook de Gonzalo Castro sobrepasa os 3 000 amigos e amigas

A responsable de comunicación do BNG de Ordes, Pilar Rivera, presentou hoxe a campaña na rede que están a desenvolver os nacionalistas, destacando “a creación dun novo blog informativo bngdeordes.blogaliza.org, no que se incluen noticias, videos e artigos de opinión relacionados coa actualidade política do concello de Ordes”.

Pilar Rivera manifestou que este blog “pretende convertirse no punto de encontro de todos os veciños e veciñas de Ordes que busquen estar permanentemente informados do que acontece no seu concello, permitindo a súa participación e a emisión de opinións sobre as cuestións que lle preocupan”.

Facebook de Gonzalo Castro
Por outra banda, a responsable de comunicación do BNG de Ordes destacou “o gran éxito que esta a ter o perfil de Facebook do candidato do BNG á alcaldía de Ordes, Gonzalo Castro, que sobrepasa na actualidade os 3.000 amigos e amigas”.

Pilar Rivera manifestou que “Gonzalo Castro está a manter un contacto permanente cos veciños e veciñas de Ordes a través do seu Facebook, amosando unha das características do próximo goberno do BNG de Ordes, a cercanía e o diálogo coa veciñanza".

*