Dirixido a persoal técnico e voluntarios das entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia
O Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Ambiente organiza dende o programa de Voluntariado Verde, en colaboración coa plataforma de Voluntariado Galego da Consellería de Traballo e Benestar, un curso de voluntariado que leva por título “Xestión de proxectos de voluntariado”. O programa de Voluntariado Verde arranca a súa programación para o 2011, Ano Europeo do Voluntariado, coa realización deste curso.
O curso está dirixido preferentemente a persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia. Constará de 16 horas de duración e ofértanse 25 prazas.
As sesións terán lugar os días 3, 11 e 17 de xuño no salón de actos do Museo do traxe Juanjo Liñares, en horario os venres de 16:30 a 20:30 horas e o sábado de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. O prazo de inscrición xa está aberto ata as 14:30 horas do día 1 de xuño a través deste enlace:
Para máis información contactar co Departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes chamando ao número de teléfono 981680002.
Contidos do curso
Módulo 1. O proxecto como marco da acción voluntaria
Módulo 2. A acción voluntaria como proxecto
Módulo 3. Áreas clave de traballo na xestión do voluntariado
Módulo 4. A construción de equipos de voluntariado no marco dun proxecto
Módulo 5. Recomendacións aplicables á xestión de calquera proxecto de voluntariado
Módulo 6. Bibliografía e webgrafía de referencia
Modalidade: Presencial
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"A finalidade do curso é brindar ás persoas a quen vai dirixido, traballadores e voluntarios de asociacións, a oportunidade de traballar as competencias para o deseño e xestión de proxectos de voluntariado"
*