domingo, 15 de mayo de 2011

Finalizado en Mesón do Vento o curso de habilidades sociais para discapacitados


Promovido pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, contou cunha decena de participantes

O pasado venres deron por finalizadas as clases do curso de habilidades sociais dirixido a persoas con discapacidade promovido pola Mancomunidade de Ordes. Un curso que deu comenzo o pasado mes de outubro e que se desenvolveu na aula adaptada do recinto de Mesón do Vento.

Máis dunha decena de persoas participaron neste curso que tivo como obxectivo facilitar a autonomía personal destas persoas que contan con algún tipo de diversidade funcional, ademais de supoñer tamén un tempo de respiro para as súas familias.

Familiares dos alumnos, as mestras do curso e o alcalde Manuel Regos, acudiron a esta despedida das clases, na que os participantes mostraron algúns dos aprendizaxes alcanzados.

*