O xogador do Autos Lobelle Fútbol Sala, Julio César Simonato Cordeiri, 'Alemao' |
Na noite do pasado venres dábanse por clausuradas as ligas deportivas de Ordes coa entrega dos trofeos aos gañadores de cada unha das ligas, así como a disputa da Copa Concello de Ordes de fútbol sala no pavillón Campomaior.
Estas ligas, organizadas pola Asociación Deportiva de Ordes en colaboración co Concello, celebráronse nas disciplinas de dardos, tenis e fútbol sala, servindo este acto de entrega dos trofeos como a clausura das mesmas. Centos de persoas seguiron o acto, no que tamén estivo presente o xogador do equipo Autos Lobelle, 'Alemao', quen entregou os trofeos aos gañadores acompañado polo concelleiro de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, José Ramón Vázquez Raña e o representante da Asociación Deportiva de Ordes, Manuel Iglesias.
Gañadores da Copa Concello de Ordes, co concelleiro Ramón Vázquez Raña. |
Ademais da entrega dos trofeos, a xornada contou tamén cunha exhibición de tiro con arco, e a celebración da Copa Concello de Ordes de fútbol sala, que enfrentou na final aos equipos da cafetería Millenium e Neumáticos Magafey, saíndo vencedores os primeiros.
Unha festa puxo o broche final a esta xornada deportiva cunha churrascada para todos os participantes e discoteca móbil.
*