Chega unha nova edición das Noites Sicoeducativas
O Concello de Ordes, a través da Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade, que dirixe o edil José Manuel Tobío, pon en marcha a segunda edición do Programa Faro para a prevención do consumo de alcol e a inserción social das persoas afectadas.
Unha das accións contempladas dentro do programa, que está financiado pola Deputación da Coruña, é a das Noites Sicoeducativas, dirixida á mocidade con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, ambos inclusive.
Tres sesións nocturnas
O obxectivo destas noites é prestar apoio social aos colectivos en risco que lles permitan ter alternativas de ocio en espazos libres de consumo de alcol. Distribuiranse en tres sesións nocturnas, as noites dos sábados 7, 14 e 21 de maio, en horario de 21:30 a 00:30 horas da noite no pavillón municipal do Paraíso.
Algunhas das actividades previstas son: obradoiros de grafitti, de Fimo e de maxia; rocódromo, elaboración de cócteles sen alcol, xogo de xeocaptura, karaoke, misión imposible, etcétera.
Para a inscrición ou máis información os interesados poden dirixirse á Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ordes, ou ben chamar aos teléfonos 981 680 002 / 627 983 619.
*