Gonzalo Castro, candidato á alcaldía polo BNG. |
O candidato do BNG á alcaldía de Ordes, Gonzalo Castro, amosou hoxe a súa confianza en que “o alcalde cumpra co manifestado públicamente e acepte celebrar un debate en campaña electoral, tal e como afirmou nun encontro dixital organizado por un medio de comunicación”.
Debate nun local público
O candidato do BNG afirmou que se porá en contacto persoalmente co alcalde de Ordes “para acordar a data de celebración do debate durante a campaña electoral, xa que consideramos que os veciños e veciñas de Ordes teñen dereito a estar informados, e que mellor para conseguir este obxectivo que confrontar os diferentes proxectos políticos nun debate público”. Castro afirmou tamén que “o BNG proporá que este debate se celebre nun local público e permitindo o acceso dos veciños e veciñas de Ordes”.
Finalmente, Gonzalo Castro reiterou a súa intención de “participar en todos os debates que se organicen, para explicar aos veciños e veciñas de Ordes o proxecto de goberno que ten o BNG para o noso concello”.
*