Estrella Vázquez, presidenta do PP de Ordes. |
O Concello de Ordes adebeda a Sogama, en concepto de xestión de resíduos urbanos, unha suma de 221.916,67 euros, aseguran dende o Partido Popular de Ordes. A presidenta local, Estrella Vázquez asegura que esta débeda existe "a pesares dunha operación de compensación de débeda aprobada pola Xunta de Goberno local a comezos de abril".
Esta débeda, asegura Vázquez, "súmase ás innumerables facturas que o Concello ten pendentes de pago, e mesmo sen recoñecer, dado que, hai xa preto de dous meses, o alcalde cursou instruccións para que non se recoñecesen novas facturas".
Escrito á alcaldía
A continuación transcríbese o escrito que o grupo municipal popular fixo chegar á alcaldía de Ordes:
Don Teodosio Martino Martino, dona Estrella Vázquez Varela e dona Susana Mosquera Pose, concelleiros e membros do grupo político do Partido Popular, solicitamos do Alcalde-Presidente do Concello de Ordes resposta aos puntos que o pé do presente escrito se relacionan en base as seguíntes disposicións:
- Tendo en conta o disposto no artigo 54.1.a) do RD Lex 781/1986, de 18 de abril, do Texto Refundido de disposicións vixentes en materia de réxime local onde se dispón que “será necesario o informe do interventor cando o solicite un tercio dos membros da corporación con antelación suficiente á celebración da sesión en que houbera de tratarse”, así coma o previsto no artigo 173 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, que se pronuncia en idénticos termos.
- Tendo en consideración o disposto no artigo 14 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, no que se recolle que “todos os membros das corporacións locais teñen dereito a obter do Alcalde cantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función”.
- Tendo en conta a redacción da exposición de motivos da Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, onde se enuncia que se establecen mecanismos de transparencia na materia de cumplimentos das obrigas de pago a través de informe periódicos a todos os niveis da Administración e do establecemento dun novo rexistro de facturas nas Administracións Locais.
- Considerando o disposto no artigo quinto da Lei 15/2010, de 5 de xullo, onde se regula o Rexistro de facturas nas Administracións locais e se enuncia no apartado 1 que “a entidade local disporá dun rexistro de todas as facturas e demáis documentos emitidos polos contratistas a efectos de xustificar as prestacións realizadas polos mesmos, cuxa xestión corresponderá a Intervención ou órgano da entidade local que teña atribuída a función de contabilidade,
- Amparándonos no disposto no apartado 4 do mesmo artigo, no que se establece que “a Intervención ou órgano da Entidade local que teña atribuida a función de contabilidade incorporará ao informe trimestral al Pleno regulado no artigo anterior, unha relación das facturas ou documentos xustificativos con respecto aos cales transcorreran máis de tres meses desde a súa anotación no devandito rexistro e non se tramitaran os correspondientes expedientes de recoñecemento da obriga ou se xustificase polo órgano xestor a ausencia de tramitación dos mesmos. O Pleno, no plazo de 15 días contados dende o día da reunión na que se teña coñecemento de dita información, publicará un informe agregado da relación de facturas e documentos que foron presentados agrupados según o estado de tramitación.
Solicitamos:
Que a Alcaldía Presidencia do Concello nos facilite a información relativa aos seguíntes puntos:
- Copia do Decreto da alcaldía no que se aproba a liquidación dos orzamentos municipais do exercicio económico do 2010.
- Relación das facturas recibidas e pendientes de contabilizar ao 31 de marzo do 2011.
As frases de Estrella Vázquez, presidenta do PP de Ordes
“Cada día descóbrense novas facturas sen pagar e moito nos tememos que isto non é máis que a punta do iceberg”
"A débeda acumulada no mandato do aínda alcalde rolda xa os nove millóns de euros, 1.500 millóns das antigas pesetas"
"O feito de que cada día se descubran débedas adicionais revela a imperiosa necesidade de que o futuro alcalde popular encargue unha auditoría independente que permita coñecer a verdadeira situación das arcas públicas de Ordes"
*