viernes, 6 de mayo de 2011

Mañá haberá patinaxe artístico no pavillón Castelao

Con exhibicións das escolas deportivas municipais e outros clubes convidados da comarca a partir das 12:00 horas

O Concello de Ordes celebra mañá sábado día 7 de maio unha nova edición da gala de patinaxe artístico na que haberá exhibicións das escolas deportivas municipais de patinaxe de Ordes, ademais doutras escolas e clubes de municipios veciños.

A gala terá lugar a partir das 12:00 horas no pavillón municipal Castelao e nela participarán, ademais das escolas municipais ordenses, os grupos dos colexios Campomaior e Castelao, patinadoras e patinadores dos clubes Raiola de Ferrol e Alquimia de Carral, e as escolas de patinaxe dos colexios de Brexo-Lema de Cambre e a escola deportiva municipal do Concello de Carral.

*