jueves, 26 de mayo de 2011

A Biblioteca celebra este venres unha nova sesión de contacontos


A partires das 18:30 horas e dirixida a nenos de entre 3 e 8 anos

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes acolle o vindeiro venres 27 de maio unha nova sesión de contacontos. Unha iniciativa enmarcada dentro do programa “Tardes de Contos e Lendas” e que achega o último venres de cada mes á biblioteca ordense a narración dun conto a cargo dun contacontos.

Nesta ocasión o conto elexido foi o titulado “O sapo fachendoso”, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos e que terá lugar a partir das 18:30 horas nas instalacións da biblioteca.

*