jueves, 12 de mayo de 2011

Entregados os títulos de propiedade dos novos panteóns

A entrega dos títulos de propiedade tivo lugar na Casa da Cultura de Ordes.
Trátase dunha nova mazá que supón 80 novos panteóns no cemiterio de O Balado

O Concello de Ordes entregou onte os títulos de propiedade dos novos panteóns construídos no cemiterio municipal de O Balado. Desta maneira os propietarios de ditos panteóns contan xa co seu título de propiedade despois das obras realizadas no cemiterio que supuxeron unha importante ampliación do mesmo e que estaban a ser moi demandadas polos veciños.

Neste caso entregáronse os títulos de 80 novos panteóns, correspondentes a toda unha mazá nova, panteóns que contan con catro nichos máis o cinceiro, ademais dunha zona cuberta diante de cada un a modo de soportal.

No acto de entrega dos títulos estivo presente o alcalde, Manuel Regos, técnicos municipais, e técnicos da empresa que realizou os traballos, que explicaron aos propietarios todas as características técnicas destes novos panteóns.

*