viernes, 13 de mayo de 2011

As nosas rúas, sen cabichas

O Concello instala vinte papeleiras- cinceiro por toda a vila


O Concello de Ordes, a través da Concellería de Medio Ambiente traballa, dentro do seu programa Ordes Recicla, na campaña As nosas rúas sen cabichas. A entrada en vigor da reforma da lei antitabaco xa se está notando sobre a vía pública. A consecuencia directa da prohibición de fumar en lugares públicos pechados é agora, tirar o pitillo á rúa. E, ante a falta de cinceiros nas portas dos locais, as cabichas acaban no chan.

E por suposto, esto multiplica o traballo dos operarios de limpeza, por iso dende que entrou en vigor a lei antitabaco, o Concello de Ordes viuse obrigado a tomar medidas extraordinarias para que os cigarrillos non se amontoen nas beirarrúas.

O departamento de medio ambiente instalará nos próximos días, vinte papeleiras-cinceiro por toda a vila para que os veciños e veciñas poidan depositar este residuo sen que a limpieza viaria da vila se vexa afectada.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Pese a que o fenómeno non é aínda relevante, estamos xa pensando fórmulas para reducir a suciedade sobre as beirarrúas, coa instalación de cinceiros e de apagadores de cabichas"

"Tamén están previstas campañas de sensibilización para que os fumadores se desfagan correctamente dos restos dos seus cigarrillos, en lugar de tiralos ao chan"

*