viernes, 6 de mayo de 2011

Comeza a campaña electoral

A campaña electoral deu comezo esta noite na Alameda de Ordes coa presenza dos cinco candidatos á alcaldía.
Os ordenses, na procura dun alcalde (I)

Hoxe ás 00:00 horas deu comezo a campaña electoral en Ordes coa tradicional pegada de cartaces na Alameda da vila de Ordes. Ata alí achegáronse os cinco candidatos á alcaldía -Manuel Regos por UxO, José Luis Martínez Sanjurjo polo PP; Jesús Pedreira polo PSdG-PSOE; Gonzalo Castro polo BNG; e Ana Álvarez, por CideGa- cos seus equipos de campaña portando os cartaces cos que aspiran a conseguir a confianza dos ordenses.

O encontro dos cinco candidatos non rexistrou ningunha incidencia e todo o acto desenvolveuse nun clima de gran cordialidade entre os diferentes e numerosos grupos alí congregados.

Manuel Regos, candidato á alcaldía de Ordes por Unión por Ordes (UxO).

Carteis electorais da candidatura de Manuel Regos (UxO).

José Luis Martínez Sanjurjo, candidato á alcaldía de Ordes polo Partido Popular (PP).

Estrella Vázquez, membro da candidatura do Partido Popular no concello de Ordes. 

Jesús Pedreira, candidato á alcaldía de Ordes polo Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE).
Pancarta da candidatura do PSdG-PSOE no concello de Ordes.

Gonzalo Castro, candidato á alcaldía de Ordes polo Bloque Nacionalista Galego (BNG).
Pancarta da candidatura do BNG no Concello de Ordes.
Ana Álvarez, candidata á alcaldía de Ordes por Cidadáns de Galicia (CideGa).

Xesús Pampín, membro da candidatura de CideGa no concello de Ordes.
*