sábado, 21 de mayo de 2011

A Deputación programará en xullo cursos de vela no embalse de Vilagudín

Dirixido a rapaces de entre 9 e 18 anos, as clases terán lugar de o 11 ao 15 de xullo

As prazas están limitadas a 40 e as inscripcións poderán facerse na Casa do Concello ata o 7 de xullo

Ordes será a sede dun dos cursos da campaña de vela que promove para este verán a Deputación da Coruña. Uns cursos que están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos, e que contarán con actividades de iniciación aos conceptos teóricos da navegación a vela, iniciación ao coñecemento básico dos nós mariños e a realización de prácticas de navegación a vela. En Ordes, o escenario elexido para este curso será o embalse de Vilagudín, tendo lugar as clases dende o 11 ao 15 de xullo.

Sorteo
A Deputación asignou 40 prazas para este curso, ás que poderán optar rapaces e rapazas dos municipios de toda a comarca de Ordes. Unhas prazas, que en caso de ser insuficientes para o número de inscritos, deberanse asignar a través dun sorteo entre as persoas que presentaron as solicitudes para participar.

O prazo para inscribirse xa está aberto ata o vindeiro 7 de xullo, debéndose presentar as solicitides no departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas, lugar onde tamén se poderá recibir máis información.

*